A presente Política de Protección de Datos de Carácter Persoal regula tanto o tratamento de datos de carácter persoal que Carmen Touza Touriño, xerente da Fundación Abrente (en adiante, ENKIPROYECTO) realiza en calidade de responsable do tratamento dos datos, como en calidade de encargado do tratamento, en relación ao sitio web www.enkinocamino.com. En ambos casos, cúmprese estritamente coas esixencias da normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
ENKIPROYECTO unicamente trata os datos que considera adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e as finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que os obtén, e non os utiliza para finalidades incompatibles con aquelas para as que foron recollidos.
Veracidade
Os usuarios do sitio web no www.enkinocamino.com (en adiante USUARIOS) son responsables da veracidade e actualidade dos datos que proporcionan a ENKIPROYECTO, considerándose exactos e actuais os datos facilitados por eles mesmos.
Información
ENKIPROYECTO, en calidade de responsable do tratamento, informa de que tanto os datos de carácter persoal facilitados polos USUARIOS para resolver calquera incidencia que se comunique por calquera dos medios de contacto dispoñibles (teléfono, correo electrónico, formularios), incorpóranse ou poden incorporarse a un ficheiro da súa titularidade, debidamente inscrito no Rexistro habilitado pola Axencia Española de Protección de Datos, e que serán tratados de conformidade cos termos previstos nesta Política de Protección de Datos de Carácter Persoal. Para acceder e/ou navegar polo sitio web www.enkinocamino.com non é necesario achegar ningún dato.
O carácter obrigatorio da resposta ás preguntas que se formulan, o dos datos que se solicitan a través do sitio web www.enkinocamino.com, indícase mediante a incorporación dun asterisco (*) antes da pregunta ou campo do formulario. En caso de non proporcionarse os datos requiridos, non será posible prestar o servizo ou funcionalidade solicitados.
Finalidades
ENKIPROYECTO unicamente tratará os datos personais proporcionados polos USUARIOS de conformidade coas finalidades descritas nesta Política de Protección de Datos de Carácter Persoal e nas Condicións Xerais, as cales se enumeran con carácter enunciativo a continuación:
- ENKIPROYECTO utiliza os datos de contacto proporcionados polos usuarios para enviarlles, por medios electrónicos ou non, información sobre as melloras que vai implementando nos servizos e para mantelos informados sobre as novas que considera que poden ser do seu interese. O USUARIO é quen decide e autoriza se quere recibir ou non este tipo de comunicacións, por tanto, aceptando as Condicións Xerais de ENKIPROYECTO e a presente Política de Protección de Datos de Carácter Persoal, ou ben ao solicitar información deste tipo por calquera dos medios de contacto previstos na web.
- Inscrición: os datos recibidos utilizaranse para a organización do evento.
- Contacto: os datos recibidos por calquera dos medios e/ou canles de contacto indicados no sitio web, empréganse para contactar e/ou xestionar a solicitude ou incidencia comunicada.
- As cookies que utiliza ENKIPROYECTO son anónimas e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do usuario.
- Outros formularios web: a información utilízase para a finalidade descrita no propio formulario web.
Consentimento
Os USUARIOS consenten o tratamento dos seus datos nos termos anteriormente indicados mediante a aceptación da presente Política de Protección de Datos de Carácter Persoal ao enviar información ou utilizar calquera dos medios de contacto previstos no sitio web www.enkinocamino.com.
Os USUARIOS de conformidade coa Lei 1/1982 de 5 de Maio de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar é a Propia Imaxe e co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, prestan o seu consentimento para que ENKIPROYECTO no desenvolvemento do evento, poida, a través de calquera medio e/ou soporte, captar, reproducir e/ou difundir publicamente as súas imaxes, podendo á súa vez cedelas a calquera entidade que colabore con ela na organización do dito evento.
Os USUARIOS deben absterse de proporcionar datos de carácter persoal doutros interesados, salvo que dispoñan da pertinente autorización, segundo a cal ditos interesados terán sido previa e debidamente informados sobre o contido da presente Política de Protección de Datos de Carácter Persoal e, en concreto, que consenten que os seus datos sexan facilitados a ENKIPROYECTO para ser tratados conforme ás finalidades que correspondan, así como que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.
En calquera caso, ENKIPROYECTO cancelará os datos rexistrados en canto houbesen deixado de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para a que se recolleron, podendo conservalos, debidamente bloqueados durante o tempo en que poida esixirse algún tipo de responsabilidade.
Cesión
ENKIPROYECTO non cede datos a terceiros, salvo que unha Lei ou unha norma comunitaria dispoñan o contrario, ou se é necesario para a prestación do servizo. En tal caso, unicamente comunica aqueles datos imprescindibles para xestionar a petición dos usuarios e prestar os servizos, de forma que a cesión responde á libre e lexítima aceptación dunha relación xurídica existente entre os interesados e ENKIPROYECTO, cuxo desenvolvemento, cumprimento e control implican necesariamente a conexión dos datos e que inclúe a transmisión necesaria destes. En caso de que un USUARIO deixe un comentario ou interaccione socialmente co sitio web www.enkinocamino.com ou nas redes sociais nas que esta está presente, debe ter presente que os seus datos serán publicados na contorna en que actúe, é dicir, estará autorizando expresamente a comunicación dos seus datos -asociados á acción que realiza- ao resto de usuarios que acceden ao sitio web ou rede social.
Revocabilidade
O consentimento prestado, tanto para o tratamento como para a cesión dos datos dos interesados, é revocable en calquera momento comunicándollo a ENKIPROYECTO nos termos establecidos nesta Política de Protección de Datos de Carácter Persoal para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Esta revocación en ningún caso terá carácter retroactivo.
Dereitos
Os interesados poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición e revocar o consentimento prestado para os tratamentos e/ou cesións dos seus datos, en calquera momento solicitándollo por correo postal dirixido a Fundación Abrente – ENKIPROYECTO, na seguinte dirección: Calle Novoa Santos nº 36, 15006 – A Coruña; ou ben, enviando un correo electrónico a info@fundacionabrente.org. En todo caso, deberá acompañarse a solicitude dunha copia do documento oficial que acredite a identidade do titular dos datos.
Seguridade
ENKIPROYECTO adoptou as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. As medidas asociadas ao nivel de seguridade alto para ficheiros e/ou tratamentos automatizados, de conformidade co Título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal.
A presente Política de Protección de Datos de Carácter Persoal é pública e permanentemente accesible no sitio web www.enkinocamino.com, e pode actualizarse en calquera momento, ben como consecuencia dun cambio normativo ou ben por modificarse a configuración dos servizos ou o tipo de negocio desenvolvido.