Skip to main content
Blog

Monicreques para achegarnos ao Camiño de Santiago e á integración

By 31/01/2020Marzo 6th, 2020No Comments

“ENKI no Camiño” xuntará a persoas sen e con discapacidade para facer o Camiño de Santiago en bicicleta do 7 ao 13 de marzo deste 2020. Ademais de vivir a experiencia de superar o Camiño, “ENKI no Camiño” ten un obxectivo dobre: dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional e ao deporte adaptado ao tempo que se divulga o Xacobeo 2021.

Para cumprir eses obxectivos, ENKI e a empresa Duendesico organizaremos en cinco puntos do Camiño actividades abertas ao público xeral, tanto ás propias persoas participantes e peregrinos como aos habitantes das vilas onde terán lugar. Estas actividades combinarán o fomento do deporte como ferramenta de integración e a temática do Camiño de Santiago.

En que consistirán as actividades?

Espectáculo de monicreques. Dirixido a un público familiar, “Aventuras e desventuras do Camiño”  estará ambientado no Camiño de Santiago e terá como fondo o deporte, a integración e outros valores como os hábitos saudables e a igualdade.

Taller “Ponte en mi lugar”. Esta é unha actividade de ENKI que consiste en ponerse no lugar de persoas con discapacidade e comprobar, a través de xogos e prácticas deportivas, as dificultades de accesibilidade que existen.

Talleres variados: globoflexia, maquillaxe e manualidades.

Animación con bailes, xogos e mascotas.

Fotomatón. Porque non podes marchar sen un recordo feito imaxe despois de participar con nós nesta experiencia!

Onde e cando terán lugar?

Todas as actividades serán a partir das 17h ata as 20h. Toma nota dos lugares:

Venres 6 de marzo: León. Centro de Mayores de Puente Castro (Rúa La Flecha, s/n, León).
Domingo 8 de marzo. Ponferrada. Centro de Día Flores del Sil (Avenida de la Martina, s/n, Ponferrada).
Luns 9 de marzo. O Cebreiro. Casa da Cultura do Cebreiro (Praza de España, 2, Pedrafita do Cebreiro).
Mércores 11 de marzo. Palas de Rei. Praza do Concello.
Xoves 12 de marzo. Santiago de Compostela. Centro Sociocultural O Romaño (Travesía de Vista Alegre, 46, Santiago de Compostela).

Nas nosas redes sociais iremos dando información máis detallada e poderás seguir as nosas aventuras coa etiqueta #enkinocamiño.

“ENKI no Camiño” é un proxecto beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.