
A última etapa deste ENKI no Camiño comezou de manera moi intensa. A noite que chegamos a portas, a handbike de Mary rompeu. Coa axuda e o inxenio de toodo o equipo, logramos arreglala pero non tiñamos a seguridade de que aguantara esta última etapa.
Co cansancio acumulado pero coa mellor dos sorrisos polo que estaba por chegar, polo que estaba por chegar, saímos da bonita e confortable villa Briallos (Portas) cando nos deixaron os nervios. A chuvia non cesaba pero o ánimo non decaía.
Ao chegar o “check point” en Padrón, sabíamos que xa casi estaba conseguido o noso reto. Algúns dos integrantes xa fixeran o camiño anteriormente pero eran moitos os que non, que alegría acompañarnos e desfrutar da experiencia.
Ao chegar as súas rúas empedradas da máxica Compostela foron moitas as persoas as que se achegaron a darnos ánimo e a felicitarnos por esta nova aventura. Na praza do obradoiro esperábannos o equipo técnico, familia e o director xeral de maiores e persoas con discapacidade, Fernando González Abeijón.
Despois de disfrutar das fermosas vistas que nos ofrecía a catedral de Santiago, comezamos a volta a casa cunha sensación de pena polo remate da experiencia, pero tamén de satisfacción por haber cumprido os nosos obxetivos e disfrutado das rutas, da xente e da natureza que nos ofrece o Camiño de Santiago.
Descubre as nosas sensacións no próximo post… bo camiño!