Nesta ocasión comezamos a etapa dende o hotel B&B de Vigo.
O primero tramo foi o que nos parecía máis complicado, xa que tíñamos que enfrentarnos ao tráfico do centro da cidade. Pero todo saíu ben, os vigueses foron moi respetuosos cos nosos vehículos.
Ao longo da mañá a choiva acompañounos de maneira intermitente por tramos tanto de costa, pola zona de Pontevedra, como de interior.
Unha vez en Portas, realizamos unha xornada de sensibilización na antiga azucareira do pobo.
Rematamos o día ca ilusión de realizar a última etapa que nos levaría a Santiago de Compostela.