
Que rápido pasa o tempo, xa van 5 días nesta aventura. Nesta ocasión, pasamos a noite nunha preciosa casa de pedra no medio da natureza, apartahotel Marouco.
Continuamos a nosa travesía pola costa de Pontevedra parando en sitios emblemáticos como o Monasterio de Oia para ofrecer a nosa jornada de sensibilización. Seguimos pedaleando ata chegar a Baiona. Alí puidemos descansar e comer uns bocadillos na ermida de Santa Marta.
Pero non todo foi disfrutar, houbo uns cantos accidentes pero sempre con solución e sen ningunha baixa. Así foi que chegamos ao noso destino, tendo que cancelar a xornada de sensibilización a causa da chuvia.
A chuvia non nos para e seguimos traballando en equipo para chegar ó noso destino. Queremos agradecer a todas as persoas que estades apoiando este proxecto. Os vosos ánimos foron fundamentais para seguir e non abandonar nos momentos duros.
Proxecto beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.
Webs oficiais:
https://consejojacobeox21.es/
https://www.xunta.gal/
https://enkinocamino.com/