
Nova etapa e xa van 4! Coas novas incorporación enerxías para pedalear e vehículos que nos permiten chegar ó noso obxecitvo.
Esta etapa estivo chea de novidades. Unha vez saimos do hotel Apulia Praia, disfrutamos duns dos camiños máis bonitos con vistas ao mar. Pronto chegamos a Caminha, onde collimos o ferri “Xacobeo Transfer” o barco oficial do camiño portugués da costa para cruzar o Río Miño. Sería a primeira vez que transportan materiais como a handbike ou a bicisilla?
Logo no municipio do Rosal, coa colaboración da alcaldesa e o concelleiro de participación veciñal, ofrecimos unha xornada de sensibilización, ademáis de promover o producto local e a filosofía do camiño. Grazas polo recibimento!
En qué consiste a nosa actividade?
- Charla de sensibilización: experiencias de superación dos deportistas con discapacidade.
- Visibilización as persoas con discapacidade, xerando espazos diversos, e fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local e os peregrinos visitantes, tanto nos como grupo como cos que coincidamos na localidade.
- Mostra de material deportivo adaptado.
- Exploración dos mitos e barreiras no Camiño de Santiago para personas condiversidade funcional
A verdade é que queremos agradecer tantas mostras de cariño e apoio, xa que son moitas as persoas que nos recoñecen ao noso paso e nos animan a continuar camiñando.
Despois desta boa experiencia, recargamos pilas ceando no camping de Santa Tecra, acompañando o postre cunha boa queimada.
Ata aquí o máis destacado do día de hoxe. Sen dúbida, quedamos con moi boas sensacións desta xornada. Supuxo un grande impulso gozar de tantos espazos naturais novos xunto a un gran equipo! Ata a próxima e bo camiño.
Proxecto beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.
Webs oficiais:
https://consejojacobeox21.es/
https://www.xunta.gal/
https://enkinocamino.com/