
Día 3, o camiño non para!
Nesta ocasión pasamos a noite no hotel Casual Inca O Porto e gozamos a golpe de venres dun almorzo con pasteis típicos de Portugal: salome e natas.
Unha vez recargadas as pilas, arrincamos a nosa viaxe cara á costa. E así foi, por fin puidemos gozar dá unhas preciosas vistas nas praias de matosinhos, onde paramos a descansar e a comer.
Xa no último traxecto tivemos que parar en boxes por un problema no cambio dunha das handbikes, pero pronto solucionamos o problema. En equipo os problemas resólvense mellor!
Puidemos así chegar a Esposende para cear no restaurante Solar dá Praia onde nos esperaban os 13 novas fichaxes para vivenciar esta experiencia. Na cea charlamos sobre a nosa experiencia destes días.Estarán preparadas?
Agora toca descansar e coller forzas para mañá, queda menos para adentrarnos en terras galegas! Que instantes tan especiais e canta emoción! Bo camiño!
📍Proxecto beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.
Webs oficiais:
🟢 https://consejojacobeox21.es/
🟢 https://www.xunta.gal/
🟢 https://enkinocamino.com/