Skip to main content
Blog

ETAPA 2 DO CAMIÑO DE SANTIAGO: DE ALBERGARIA A VELHA – OPORTO

By 04/09/2022No Comments

Imos polo segundo día de ENKI no Camiño. Levantámonos recibindo o mes de setembro e dirixímonos dirección Oporto.

Comezamos esta segunda etapa descansados e con moitas ganas de continuar tras pasar a noite no hotel Alameda. Saímos coa calor acompañándonos dende moi cedo.

O traxecto presentouse como un reto ao tratarse, na súa gran maioría, de rúas antigas de lastras. Aínda que tamén supuxo unha experiencia visual incrible, incluíndo pontes romanas.

Por fin, entrando na fermosa cidade de Oporto, cun sol radiante e ao grande a través da magnífica ponte de Luís I. Contentos de acabar a última etapa que faremos do camiño central portugués e co orgullo de completar outra nova etapa xuntos.

A nosa compañeira perruna Tina opina que a etapa foi moi bonita pero moi axetreada polas rúas de Oporto. A súa opinión é moi importante!

Seguimos en ruta. Seguimos facendo camiño pola inclusión e esperando a incorporación de novos peregrinos.

📍Proxecto beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Webs oficiais:

🟢 https://consejojacobeox21.es/
🟢 https://www.xunta.gal/
🟢 https://enkinocamino.com/