Skip to main content
Blog

ETAPA 1 DO CAMIÑO DE SANTIAGO: COIMBRA A ALBERGARIA A VELHA

By 04/09/2022No Comments

Hoxe, mércores 31 de agosto de 2021, comezeu a nosa aventura: ENKI NO CAMIÑO 2022 grazas ao programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Sen embargo, a nosa preparación comezou antes coa posta a punto de bicis, cascos, equipamento e avituallamento. Coas expectativas altas tras a experiencia en 2020, ¡comezamos a nosa aventura! Chegamos a Coimbra o día anterior co fin de comezar a etapa cedo pola mañá. Tras unha dura viaxe en coche, ceamos e deitámonos cedo.

No comezo tivemos o apoio da Universidade da Coruña, Facultade Ciencias da Saúde e Grao en Terapia Ocupacional, coa visita da doutora Thais Pousada xunto co apoio da escola de educación e ciencias sociais do Politécnico de Leiria na súa implicación nas etapas de Portugal.

Un comezo duro pero cheo de boas paisaxes. Hoxe tivemos que preparar todo o material e habituarnos ao horario e clima de Portugal.  Tras a nosa saída do hotel Jantesta, pasamos a recoller a credencial pola catedral velha de Coimbra.

Unha xornada longa con tramos de asfalto e unha calor demoledora. A pesar de marcar o roteiro debemos desviarnos para poder pasar coas handbikes. Os ánimos doutros peregrinos e persoas do camiño dannos enerxía para pedalear.

Non nos olvidamos de Tina, a nosa compañeira perruna que desfrutou con nos desta  etapa.

Un primeiro día canso pero con ganas de mais. Esta primeira etapa do Camiño de Santiago en bicicleta, foi unha etapa para ir coñecendo os nosos ritmos como equipo e ir asentando as bases para o resto do Camiño. Hoxe o descanso será moi merecido. Desexando espertar mañá para atrevernos con máis retos! Bo camiño!