Skip to main content
Blog

“ESTAS NO KM QUE ESTEAS, KM 0”

By 04/09/2022No Comments

Co fin de destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño, en cada etapa compartiremos con vos productos, puntos de intere turístico dos diferentes lugares polos que pasemos cos propios deportistas con diversidade funcional como protagonistas.

QUE ACCIÓNS LEVAREMOS A CABO?

O equipo de ENKI NO CAMIÑO adoitará pequenas accións ao longo do Camiño de Santiago que nos axudan a conseguir un futuro mellor como o uso de cantimploras para reducir o uso de plástico ou recollida de lixo.

Coñecendo novos conceptos con ENKI

KM 0: Trátase  dunha tendencia de consumo que consiste en fomentar a produción e a compra de produtos locais, é dicir, aqueles cuxo orixe ou colleita está a menos de 100 km. do punto de distribución ou consumo. Isto axuda a reducir a nosa pegada ecolóxica.
PEGADA ECOLÓXICA: A pegada ecolóxica é un indicador ambiental que mide o efecto das actividades dunha comunidade de seres humanos sobre o seu contorno. O obxectivo principal da pegada ecolóxica é o de avaliar o impacto que exerce sobre o planeta determinadas accións.

POR QUÉ É O NOSO LEMA NESTE CAMIÑO?

  • Queremos promover o consumo local e de proximidade baixo o eslogan: “Estes no km que estes, sempre km 0
  • Queremos resaltar as “curiosidades” e o valor cultural das diferentes zonas que percorramos.
  • Queremos promover un uso sostible dos recursos narturais e materiais, así como realizar un camino residuo 0.

E TI, SÚMASTE O CAMBIO?

📍Proxecto beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Webs oficiais:

🟢 https://consejojacobeox21.es/
🟢 https://www.xunta.gal/
🟢 https://enkinocamino.com/