Skip to main content
Blog

ENKI NO CAMIÑO ESTÁ DE VOLTA!

By 25/08/2022Setembro 4th, 2022No Comments

Volve ENKI no camiño!

Tras a gran experiencia no ano 2020, voltamos para superar un novo reto: 7 etapas do Camiño de Santiago en bicicleta do 30 de agosto ao 7 de marzo de 2022.

Facer o noso Camiño de Santiago é unha oportunidade para vencer medos e obstáculos, para compartir experiencias e para coñecer xente. “ENKI no Camiño” pretende facer visible e sensibilizar sobre o deporte adaptado e a diversidade funcional.

“ENKI no Camiño 2022” quere reunir a persoas con e sen diversidade funcional para superar xuntos o Camiño e, durante o percorrido, compartir experiencias e unha viaxe única. O noso Camiño está aberto á participación de todas aquelas persoas que o desexen. Entidades sen ánimo de lucro e os seus usuarios, persoas aventureiras e solidarias, amantes da bicicleta e da natureza, ti que nos estás lendo e xa ías facer o Camiño pero agora decides acompañarnos facendo voluntariado…

Pedaleamos xuntos pola inclusión? Súmate! Só tes que cubrir o formulario desta web e se tes algunha dúbida escríbenos a info@enkiproyecto.com

Que novidades teremos nesta edición?

  • Acompáñanos o lema “Esteas no km que esteas, km 0” no noso compromiso por un camiño sostible e responsable co medioambiente.
  • Pronto más información sobre as actividades programadas nos distintos municipios: O rosal, Oia e Portas.
  • Valoraremos a accesibilidade do camiño e publicaremos a información: unha peza clave para fomentar e mellorar a participación das persoas con diversidade funcional no camiño.

📍Proxecto beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Webs oficiais:

🟢 https://consejojacobeox21.es/
🟢 https://www.xunta.gal/
🟢 https://enkinocamino.com/