Condicións de acceso e uso

A utilización do sitio web wwww.enkinocamino.com non conleva a obrigatoriedade de inscrición ou rexistro do USUARIO. As condicións de acceso e uso do sitio web de www.enkinocamino.com réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso do sitio web. Quedan por tanto prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros, dereito á intimidade e á honra, protección de datos, propiedade intelectual e, en definitiva, calquera acción que poida constituír unha conduta ilícita. Expresamente e sen carácter taxativo ENKIPROYECTO prohibe os seguintes:

  • Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo calquera tipo de dano aos sistemas de ENKIPROYECTO ou a terceiros.
  • Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta.

ENKIPROYECTO poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais.

Voluntariado

Que, a efecto do previsto no artigo 8, puntos 4 e 5 da lei 45/2015, de 14 de outubro, de voluntariado, acredito non ter antecedentes penais por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos fillos, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo, mediante esta declaración responsable.

Así mesmo, se no exercicio da miña actividade dentro da Fundación Abrente, participase en programas que conlevasen contacto con menores, acreditarei previamente que non fun condenado/a por sentenza firme por delitos contra a liberdade e indemnidade sexual, trata e explotación de menores, mediante a achega dunha certificación negativa que obterei a través do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e que enviarei a info@fundacionabrente.org.

Modificación

ENKIPROYECTO resérvase todos os dereitos de modificación de contido, actualizacións, cambios e configuración, non asumindo ningún tipo de responsabilidade sobre as modificacións, actualizacións, cambios e configuración de www.enkinocamino.com.

Xurisdicción e lei aplicable

As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española. Especificamente están suxeitas ao disposto na Lei 26/1984 de 19 de xullo Xeral, para a Defensa de Consumidores e Usuarios; a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, sobre Protección de Datos de Carácter Persoal; a Lei 7/1996, e Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico así como calquera outra lei ou regulamento que as desenvolva ou modifique. Para a resolución de calquera controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais serán competentes os Xulgados e Tribunais da Coruña, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidera corresponderlle.