Sobre a iniciativa
Camiño, bicicleta e valores
“ENKI no Camiño” xuntará a persoas con e sen diversidade funcional para superar en bicicleta 7 etapas do Camiño Portugués pola Costa do 31 ao 6 de agosto de 2021.
Facer o noso Camiño de Santiago é unha oportunidade para vencer medos e obstáculos, para compartir experiencias e para coñecer xente. “ENKI no Camiño” pretende facer visible e sensibilizar sobre o deporte adaptado e a diversidade funcional.
Deporte, inclusión, inclusión e valores pedaleando dende Coimbra a Compostela.
O teu Xacobeo
“ENKI no Camiño” é un proxecto deportivo e social de dinamización do Xacobeo 2022 subvencionado pola Xunta de Galicia co programa “O teu Xacobeo”.

Súmate!

Fai o Camiño con nós!
Gustaríache facer o Camiño de Santiago en bicicleta? Teñas ou non discapacidade, “ENKI no Camiño” é unha boa ocasión para superarte. Tamén é unha forma de facer voluntariado e colaborar nesta aventura.
Xuntos somos capaces de superar todas as barreiras do Camiño!